FOTOVESTIMENTAS
Fotovestimentas é unha proposta de obras artísticas creadas conceptualmente por Eduardo de Martís, e producidas na súa práctica totalidade, en colaboración con mulleres artistas en diferentes disciplinas.
O aspecto que fai a estas pezas únicas, é a súa singular confección entre arte e funcionalidade. Son arte porque cada obra é unha creación dotada de reflexíon e mensaxe. A funcionalidade está en que cada obra é a sua vez un “marco-fragmento de contexto” que alberga unha fotografía, e xera así un diálogo entre as dúas obras.
Como xa se anticipaba ao comezo; un dos valores desta proposta é a colaboración-aportación do talento feminino. A maiores é unha exaltación do valor da reciclaxe, e tamén a aportación en sí da reflexión cultural.
MARCO CERÁMICO
Autora: Mar; Mar Barral.
Técnica: cerámica e oleiría, reciclaxe.
Medidas: 24 cm. alto, 48 cm. ancho, 5 cm. fondo.
36€
MARCO GARABULLOS
Autora: Lucía; Artesania do Caurel.
Técnica: deseños en madeira, reciclaxe.
Medidas: 45 cm. alto, 32 cm. ancho, 5 cm. fondo.
25€
MARCO DE MADEIRA
Autor: Antonio; Enxógate.
Técnica: figuración en madeira, inxenio, reciclaxe.
Medidas: 30 cm. alto, 30 cm. ancho, 20 cm. fondo.
80€
MARCO DE FLORES
Autoras: As Lolas da Cascarilla.
Técnica: recreación vexetal, reciclaxe.
Medidas: 24 cm. alto, 24 cm. ancho, 5 cm. fondo.
75€